Resumo de resultados




Indicadores de lonxevidade. Resumo de resultados

Resumo de resultados 19/05/2017

Introdución

A lonxevidade, entendida como a duración da vida do ser humano, incrementouse de forma espectacular durante todo o século XX, e segue avanzando no século XXI. O envellecemento poboacional é un dos temas que máis preocupa actualmente en Galicia, precisamente por ser unha das rexións nas que este fenómeno se presenta con maior intensidade no territorio español e europeo.

O grupo de poboación que se pode identificar co distintivo "persoa maior" precisa de información específica, desde distintos ámbitos: demográfico, social, educativo, sanitario, laboral e económico. Con esta operación estatística o IGE presenta un conxunto de indicadores sobre os individuos de 65 ou máis anos que pretende ofrecer unha visión da situación actual deste colectivo.

Indicadores demográficos

A porcentaxe de poboación de 65 ou máis anos con respecto ao total de poboación de Galicia aumenta ano tras ano. Na actualidade representa o 24,3% (ano 2016) e as previsións apuntan a que superará o 31% dentro de quince anos.

Porcentaxe de poboación de 65 ou máis anos
Persoas

IGE. Indicadores demográficos
INE. Proyecciones de población

(descarga da táboa)

Evolución do índice de envellecemento. Galicia
Tanto por cento (%)

IGE. Indicadores demográficos
INE. Proyecciones de población

(descarga da serie dende 1999-2016 e dende 2017-2031 (datos proxectados))

Un indicador utilizado para medir a evolución deste colectivo no tempo é o denominado "Índice de envellecemento", que relaciona a poboación de 65 ou máis anos con respecto a cada 100 persoas menores de 20 anos. Mentres que en España este indicador na actualidade toma valores en torno a 95, en Galicia presenta un continuo incremento ata rondar o valor 154 no ano 2016; as previsións apuntan na mesma dirección de incremento na seguinte década, chegando a tomar valores superiores a 232 no ano 2031.

Estrutura por grupos de idade da poboación de 65 ou máis anos. Ano 2016. Galicia
Porcentaxe (%)

IGE. Cifras poboacionais de referencia
(descarga da táboa)

Estrutura por grupos de idade da poboación de 65 ou máis anos. Ano 2031. Galicia
Porcentaxe (%)

IGE. Proxeccións de poboación a curto prazo
(descarga da táboa)

Evolución do índice de sobreenvellecemento. Galicia
Tanto por cento (%)

IGE. Indicadores demográficos
INE. Proyecciones de población

(descarga da serie dende 1999-2016 e dende 2017-2031 (datos proxectados))

Outro indicador que mide habitualmente a estrutura deste colectivo é o "Índice de sobreenvellecemento", que calcula a porcentaxe que representa a poboación de 85 ou máis anos sobre o grupo de 65 ou máis anos. No ano 2016 este indicador tomou o valor de 17,0 en Galicia e 15,6 en España.

Evolución do índice de dependencia senil segundo sexo. Galicia
Tanto por cento (%)

IGE. Indicadores demográficos
INE. Proyecciones de población

(descarga da serie dende 1999-2016 e dende 2017-2031 (datos proxectados))

Unha das preocupacións que xorde a raíz do envellecemento dunha poboación é como se incrementa a denominada poboación en idade potencialmente dependente; o "Índice de dependencia senil" calcula cantos individuos de 65 ou máis anos viven nun territorio por cada 100 persoas en idade potencialmente activa (de 15 a 64 anos). Este indicador en Galicia presenta un incremento continuo nos últimos anos e grandes diferenzas entre ambos os dous sexos.

Indicadores sociais e educativos

Persoas de 65 ou máis anos que viven en fogares con todos os seus membros nese grupo de idade. Galicia
Porcentaxe

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares
(descarga da táboa)

Os galegos de 65 ou máis anos viven maioritariamente en fogares compostos unicamente por persoas dese grupo de idade.

As provincias de Ourense e Lugo son as que presentan maiores porcentaxes de persoas de 65 ou máis anos que viven en fogares con todos os seus membros neste grupo de idade.

Por outra parte, os fogares compostos por persoas de 65 ou máis anos son maioritariamente unipersoais.

O estado civil máis habitual tanto en Galicia como en España das persoas de 65 ou máis anos é o de "casado"; esta porcentaxe aproxímase ao 60% en ambos os dous casos.

Tipoloxía dos fogares compostos por persoas de 65 ou máis anos. Galicia. Ano 2015
Porcentaxe

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares
(descarga da táboa)

Distribución da poboación de 65 ou máis anos segundo o estado civil. Ano 2016
Porcentaxe

Galicia

España

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa
(descarga da táboa)

En canto ao nivel educativo alcanzado polas persoas de 65 ou máis anos, é inferior en Galicia a porcentaxe de persoas sen estudos, denominados na clasificación da Enquisa de poboación activa (EPA), fonte desta información, como "Analfabetos", con respecto ao total de España.

Distribución da poboación de 65 ou máis anos segundo o nivel de formación alcanzado. Ano 2016
Porcentaxe

Galicia

España

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa
(descarga da táboa)

Moi relacionado co nivel de formación alcanzado é o uso das TIC por parte do colectivo de persoas maiores. Está dispoñible para o ano 2016 o uso de internet e comercio electrónico por parte das persoas de 65 a 74 anos.

Porcentaxe de persoas de 65 a 74 anos que durante 2016 usou...

... internet

... comercio electrónico

Fonte: INE. Encuesta sobre equipamiento y uso de tecnologías de la información y comunicación en los hogares
(descarga da táboa)

Indicadores sanitarios

As principais causas de defunción das persoas de 65 e máis anos en Galicia, segundo a Clasificación Internacional de Enfermidades (CIE) 10ª revisión, son as enfermidades do sistema circulatorio e os tumores.

Defuncións de persoas de 65 ou máis anos, segundo a causa. Galicia. Ano 2015
Porcentaxe (%)

Fonte: INE. Defunciones según la causa de muerte
(descarga da táboa)

Estancia hospitalaria media de persoas de 65 anos ou máis. Ano 2015
Días

Fonte: INE. Encuesta de morbilidad hospitalaria
(descarga da táboa)

Defuncións de persoas de 65 anos e máis, segundo grupo de idade e causa. Galicia. Ano 2015
Porcentaxe (%)

Fonte: INE. Defunciones según la causa de la muerte
(descarga da táboa)

Por grupos de idade, as causas predominantes nos individuos menores de 80 anos son os tumores, mentres que as enfermidades do sistema circulatorio son máis frecuentes nas defuncións de persoas de 80 anos e máis.

A estancia hospitalaria media das persoas de 65 ou máis anos é superior en Galicia que no total de España para os grupos de idade de menos de 85 anos, segundo os datos do ano 2015.

A esperanza de vida aos 65 anos en Galicia, entendida como unha estimación do promedio de anos que lle queda por vivir a unha persoa que chega con vida aos 65 anos no ano de referencia, no caso de que as condicións de mortalidade se mantivesen constantes e semellantes ás do ano de referencia, situouse no ano 2015 en 21,2 anos.

Esperanza de vida aos 65 anos. Ano 2015
Anos

Fonte: IGE. Indicadores demográficos
INE. Indicadores demográficos básicos

(descarga da táboa)

Evolución da esperanza de vida aos 65 anos. Galicia
Anos

Fonte: IGE. Indicadores demográficos
(descarga da táboa)

Indicadores laborais e económicos

Porcentaxe que representa a poboación de 65 ou máis anos, segundo a relación coa actividade económica. Galicia. Ano 2016
Porcentaxe

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa
(descarga da táboa)

Nota: "-" indica que non se dispón do indicador por falta de observacións na mostra

O 0,9% da poboación activa galega pertencía no ano 2016 ao grupo de idade de 65 ou máis anos (en España, 0,7%), segundo os datos extraídos da EPA. Por outra parte, o colectivo de persoas de 65 ou máis anos inactivas representa o 58,3% do total de persoas inactivas en Galicia; no total de España esta porcentaxe é inferior, o 51,3%.

Número de pensionistas de máis de 65 anos. Galicia
Persoas

Fonte: Agencia Estatal de la Administración Tributaria. Mercado de trabajo y pensiones en las fuentes tributarias
(descarga da táboa)

Importe medio anual das pensións. Ano 2015
Euros

Fonte: Agencia Estatal de la Administración Tributaria. Mercado de trabajo y pensiones en las fuentes tributarias
(descarga da táboa)

Pensión media anual dos pensionistas de máis de 65 anos. Galicia
Euros

Fonte: Agencia Estatal de la Administración Tributaria. Mercado de trabajo y pensiones en las fuentes tributarias
(descarga da táboa)

O número de pensionistas de 66 ou máis anos en Galicia supera o medio millón de persoas desde o ano 2009, segundo a información da AEAT.

O importe medio anual desas pensións é superior no grupo de idade de 66 a 75 anos (14.222 euros) que no de 76 anos ou máis (11.034 euros) en Galicia, segundo a información relativa ao ano 2015.

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo