Estudo de salarios / Salarios desde o punto de vista do perceptor / Estrutura dos salarios

Estrutura dos salarios

Estrutura do salario bruto anual

Ao existir pagamentos con período de vencemento superior ao mes, para comparar niveis salariais emprégase o salario anual. No ano 2014 o salario bruto anual situouse en Galicia nos 20.196 euros por traballador, un 0,2% inferior ao do ano 2010 (20.242 euros).

Por sexos, no ano 2014 o salario dos homes é un 26,5% maior que o salario das mulleres, mentres que no ano 2010 o salario dos homes era un 27,9% maior respecto ao salario das mulleres.

O salario ordinario é a partida que máis contribúe ao salario bruto, do que representa no ano 2014 o 88,1%, mentres que os pagamentos extraordinarios e a valoración en especie só representan nese ano o 11,7% e o 0,20% respectivamente. No caso dos homes o salario ordinario representa o 87,6% do salario bruto mentres que nas mulleres esta porcentaxe acada o 88,8%.

Composición do salario bruto anual por sexo. Galicia
Euros


Salario bruto=Salario ordinario+Pagamentos extraordinarios+Valoración en especie

Composición do salario bruto anual. Galicia
Euros

No ano 2014, os salarios máis altos en Galicia rexistráronse na provincia da Coruña, onde o salario bruto anual acada o valor de 20.959,4 euros. Por outra parte a provincia de Ourense, con 18.791 euros de salario bruto anual, é a que presenta salarios máis baixos, un 10,3% menos que na provincia da Coruña.

Con respecto a España, no ano 2014, en Galicia o salario bruto anual foi un 11,6% menor e ningunha provincia acada os 22.858,2 euros, que corresponde ao salario bruto anual español.

Composición do salario bruto anual. España, Galicia e provincias. Ano 2014
Euros

Salario bruto=Salario ordinario+Pagamentos extraordinarios+Valoración en especie

Salario bruto anual. Ano 2014
Euros

Estrutura do salario medio mensual

Para analizar a composición do salario segundo os conceptos retributivos pártese do salario mensual medio que, en cifras brutas, acadou no ano 2014 en Galicia o valor de 1.552,5 euros (1.709,6 no caso dos homes e 1.389,2 no caso das mulleres).

O salario mensual bruto está composto polo salario base, os complementos salariais, os pagamentos extraordinarios e os pagamentos por horas extraordinarias. O salario base é a compoñente principal do salario bruto mensual, do que representa o 71,3% en 2014, seguido dos complementos salariais, que supoñen un 27,2% do salario bruto.

O salario neto obtense a partir do salario mensual bruto despois de deducir as cotizacións á Seguridade Social a cargo do traballador e as retencións do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF). No ano 2014 este acadou en Galicia o valor de 1.227,4 euros mensuais, 1.334,2 euros no caso dos homes e 1.116,4 no das mulleres. En media, as cotizacións á Seguridade Social e as retencións do IRPF representan no ano 2014 o 20,9% do salario bruto mensual dos galegos.

Composición do salario bruto mensual. Galicia
Euros

Composición do salario bruto mensual. Galicia
Euros

Salario ordinario=Salario base+Complementos salariais+Pagamentos por horas extraordinarias
Salario bruto=Salario ordinario+Pagamentos extraordinarios
Salario neto=Salario bruto-Cotizacións á Seguridade Social-Retencións IRPF

No ano 2014 tanto o salario bruto mensual coma o salario neto mensual en Galicia son en torno a un 10% menores aos de España (10,6% no caso do salario bruto e 9,5% no caso do salario neto).

Se se fai a análise por provincias, a provincia con menor salario base é Ourense, con 991,1 euros ao mes, que representa un 12,8% menos que o salario base mensual na provincia da Coruña. Esta provincia tamén lidera a clasificación provincial no tocante ao salario bruto coma ao neto, con 1.616,1 euros de salario bruto en 2014 (un 4,1% superior á media galega) e 1.276,5 euros de salario neto (un 4% superior ao galego). Os salarios bruto e neto das restantes provincias sitúanse por debaixo da media de Galicia.

Salario neto mesual. Ano 2014
Euros

Composición do salario bruto mensual. Ano 2014
Euros

Salario ordinario=Salario base+Complementos salariais+Pagamentos por horas extraordinarias
Salario bruto=Salario ordinario+Pagamentos extraordinarios
Salario neto=Salario bruto-Cotizacións á Seguridade Social-Retencións IRPF

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir dos microdatos da Encuesta de Estructura Salarial elaborada polo INE

Compartir: