Estudo de salarios / A remuneración do factor traballo na economía galega

Estudo sobre salarios. A remuneración do factor traballo na economía galega

Introdución

Os datos do Sistema de Contas Económicas de Galicia ofrecen unha perspectiva macroeconómica da remuneración do factor traballo na comunidade autónoma. A metodoloxía seguida na elaboración das Contas Económicas en Galicia permite realizar comparacións con outros espazos económicos. Neste apartado analizarase como evoluciona a remuneración dos asalariados en Galicia, en que sectores está máis concentrada e en cales a remuneración por hora é maior, e veremos como mudou a economía galega nos últimos anos.

Peso da remuneración dos asalariados no PIB

 

A remuneración de asalariados é unha compoñente do Produto Interior Bruto cando se analiza pola vía das rendas. Indica que parte do valor engadido bruto xerado por unha economía vai destinada a remunerar o factor traballo. Este concepto inclúe a remuneración total, en efectivo ou en especie, a pagar por un empregador a un asalariado a cambio do traballo realizado por este durante o exercicio contable. É un concepto interior, isto é, considera as rendas do traballo pagadas por unidades residentes, independentemente da residencia do asalariado.

 
  Peso da remuneración dos asalariados no PIB. Galicia, España e Europa
Porcentaxes
 
 
 

O peso dos salarios no PIB galego alcanzou en 2016 o punto máis baixo da serie. En 2016 representa o 43,1% do PIB, pero chegara a representar o 48% no ano 2009. Este indicador acumula sete períodos de caída, se ben nos últimos períodos a caída é máis suave.

Na UE28 a porcentaxe da remuneración dos asalariados no PIB é superior a Galicia e a caída dende 2009 foi de 1,1 puntos porcentuais.

  Peso da remuneración dos asalariados no PIB. Galicia, España e Europa
Porcentaxes
 

Evolución remuneración de asalariados

 
Evolución remuneración de asalariados. Galicia, España e Europa
Taxa de variación interanual (%)
 
 
 

En termos correntes a evolución da remuneración de asalariados, tras seis períodos consecutivos de caídas, é positiva no ano 2015. Isto está relacionado fundamentalmente coa evolución do emprego asalariado, que presenta unha taxa positiva tamén no dito período.

Na UE28 este agregado só cae no ano 2009, e no trienio 2010-2012 medrou a taxas superiores ao 2%. En 2013 o crecemento deste indicador foi mais moderado, pero volve a recuperarse en 2014 con taxas próximas ao 3% e, sobre todo en 2015, cun crecemento do 4,7%. En 2016 volve a suavizarse o seu crecemento.

  Evolución remuneración de asalariados. Galicia, España e Europa
Taxa de variación interanual (%)
 

Remuneración de asalariados por hora efectiva asalariada

 

A remuneración por hora efectiva asalariada é un indicador da remuneración por hora de traballo dos asalariados, que participan nos procesos produtivos dunha economía, e achegan forza de traballo.

 
  Remuneración de asalariados por hora efectiva asalariada. Galicia, España e Europa
Euros/hora
 
 
 

A remuneración por hora asalariada en Galicia alcanzou en 2016 os 16,6 euros. Esta cifra supón o 73% da remuneración por hora na UE28.

Este diferencial Galicia-UE28 reduciuse desde o ano 2000 (a remuneración hora galega representaba o 67% da europea) ao ano 2009, no que a remuneración por hora asalariada alcanzou o 79%. Dende ese período o diferencial volve medrar.

Esta variable medrou a maior ritmo en Galicia e España que en Europa no que vai de século XXI, especialmente no período 2000-2010.

  Remuneración de asalariados por hora efectiva asalariada. Galicia, España e Europa
Euros/hora
 

Remuneración de asalariados por grandes sectores de actividade

 

A información do sistema de contas permite coñecer en que sectores (ou ramas de actividade) está concentrada a remuneración de asalariados. Loxicamente dependerá do volume de traballo asalariado, e da remuneración media en cada sector.

 
  Distribución da remuneración de asalariados por grandes sectores. Galicia
Porcentaxes
  Distribución da remuneración de asalariados por grandes sectores. España
Porcentaxes
 
  Distribución da remuneración de asalariados por grandes sectores. UE28
Porcentaxes
    

Como na meirande parte das economías occidentais a remuneración dos asalariados concéntrase no sector servizos. Porén, en Galicia, o peso do sector servizos é inferior ao dato español ou da UE28. A achega do sector primario á remuneración dos asalariados é do 2,7% en Galicia, porcentaxe superior en máis dun punto á remuneración total en España ou Europa.

        

Cambios na distribución da remuneración de asalariados por sectores

 

Distribución da remuneración de asalariados por sectores. Galicia
Porcentaxes

Distribución da remuneración de asalariados por sectores. España
Porcentaxes

Distribución da remuneración de asalariados por sectores. UE28
Porcentaxes

    

Analizando a evolución do peso da remuneración de asalariados por sectores ao longo dos últimos 16 anos obsérvase como o peso da industria vaise reducindo en todo o período, a construción sofre unha caída desde o ano 2007 e o sector servizos non deixa de medrar.

Estes fenómenos son comúns nos tres espazos considerados se ben a magnitude dos cambios é diferente.

        

Remuneración de asalariados por hora efectiva asalariada por sectores de actividade

 
Remuneración de asalariados por hora efectiva asalariada por sectores de actividade. Ano 2016
Euros/hora

Galicia ten unha remuneración de asalariados por hora inferior á media europea en todos os sectores.

As diferenzas son menores no caso do sector primario ou no sector da Administración pública, sanidade e educación e relativamente importantes en sectores como o sector da información e das comunicacións ou actividades inmobiliarias.

As actividades financeiras e de seguros e a Administración pública, sanidade e educación son os sectores que presentan unha maior remuneración por hora en Galicia. En España e na UE28 tamén son estos sectores de actividade, xunto co de información e comunicacións, os mellor remunerados.


Evolución do custo laboral unitario real

 

Este indicador compara a evolución da remuneración por asalariado coa evolución da produtividade do traballo e dos prezos. De modo que toma un valor positivo se o crecemento da remuneración por asalariado supera o crecemento da produtividade e dos prezos.

 
  Evolución do custo laboral unitario real. Galicia, España e Europa
Taxa de variación interanual (%)
 

En Galicia esta serie só toma valores positivos en 2008 e 2009.

O último gráfico recolle a evolución das compoñentes do custo laboral unitario real en Galicia, e mostra como no período 2001-2007 a evolución da remuneración por asalariado cubría a evolución da produtividade do traballo, pero non o conxunto da produtividade e dos prezos. No período 2010-2016 o crecemento da remuneración media en Galicia é moi inferior ao crecemento da produtividade o que provoca que o indicador tome valores negativos. En 2016 a evolución da remuneración media por asalariado en Galicia é positiva, a evolución dos prezos é lixeiramente positiva e o indicador presenta valores negativos polo incremento superior da produtividade. A evolución de 2016 é similar á evolución de España.

 
Evolución do custo laboral unitario real
Taxa de variación interanual (%)
Evolución das compoñentes do custo laboral unitario real en Galicia
Taxa de variación interanual (%)

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Contas económicas de Galicia. Base 2010

Os datos dos anos 2014, 2015 e 2016 son provisionais

Eurostat. National accounts (ESA 2010)

Compartir: