IGE -

Definicións. Enquisa de poboación activa. Módulo de accidentes laborais e problemas de saúde relacionados co traballo


Accidente laboral

O concepto de accidente laboral axústase ao da definición dada polas estatísticas europeas de accidentes laborais para garantir a comparabilidade, e inclúe:

  • Os accidentes durante a xornada laboral: aqueles que se producen durante a xornada laboral, é dicir, no traballo ou no transcurso do traballo.
  • Os accidentes “in itinere”: aqueles que teñen lugar nalgún dos desprazamentos que se realizan entre o domicilio e o posto de traballo, ou entre o lugar habitual de comida e o posto de traballo

Enfermidade laboral

Enfermidade laboral é toda aquela provocada ou empeorada por mor do seu traballo actual ou pasado.


 

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo