Catálogo de publicacións

Publicacións sobre "Sistema de contas"   18 publicación(s) atopada(s)
1.- ANÁLISE DO SECTOR DO TRANSPORTE E DA LOXÍSTICA
O obxectivo desta publicación é dobre: por unha banda afondar no coñecemento da economía galega a través do estudo de sectores sobranceiros na nosa estrutura económica e, por outra, dar unha mellor difusión ás estatísticas de síntese económica elaboradas polo IGE.
2.- ANÁLISE DO SECTOR TÉXTIL, CONFECCIÓN E CALZADO
O obxectivo desta publicación é dobre: por unha banda afondar no coñecemento da economía galega a través do estudo de sectores sobranceiros na nosa estrutura económica e, por outra, dar unha mellor difusión ás estatísticas de síntese económica elaboradas polo IGE.
3.- ANÁLISE DO SECTOR CULTURAL
O obxectivo desta publicación é dobre: por unha banda afondar no coñecemento da economía galega a través do estudo de sectores sobranceiros na nosa estrutura económica e, por outra, dar unha mellor difusión ás estatísticas de síntese económica elaboradas polo IGE.
4.- ANÁLISE DO SECTOR DA PESCA
O obxectivo desta publicación é dobre: por unha banda afondar no coñecemento da economía galega a través do estudo de sectores sobranceiros na nosa estrutura económica e, por outra, dar unha mellor difusión ás estatísticas de síntese económica elaboradas polo IGE.
5.- ANÁLISE DO SECTOR DA AUTOMOCIÓN
Esta publicación ten por obxectivo afondar na análise e no coñecemento deste complexo produtivo de Galicia a través da información estatística dispoñible.
6.- ANÁLISE DA CADEA FORESTAL-MADEIRA
Esta publicación ten por obxectivo afondar na análise e no coñecemento deste complexo produtivo de Galicia a través da información estatística dispoñible.
7.- A ECONOMÍA GALEGA A TRAVÉS DO MARCO INPUT-OUTPUT DE GALICIA 2005
Esta publicación é unha primeira explotación dos resultados derivados da operación estatística Marco Input-Output de Galicia 2005.
8.- INDICADORES DE RENDA MUNICIPAL: ANO 1996
Nesta obra preséntase a Renda Bruta Dispoñible das familias residentes en cada concello como o índice máis axeitado para poñer de manifesto o nivel de benestar dos fogares da Comunidade Autónoma.
9.- CONTAS ECONÓMICAS E TÁBOA INPUT-OUTPUT DE GALICIA 1998
Nesta publicación preséntanse as contas económicas e a táboa Input-Output de 1998 dentro dun sistema de estimación continuo das principais macromagnitudes da economía de Galicia. Trátase de poñer de manifesto o peso relativo das ramas produtivas, as relacións intersectoriais e os vínculos con outras áreas económicas.
10.- TÁBOA INPUT-OUTPUT E CONTABILIDADE REXIONAL. ANO 1990
Nesta publicación ofrécese unha imaxe detallada do sistema económico rexional e das súas interrelacións.
11.- TÁBOA INPUT-OUTPUT E CONTABILIDADE REXIONAL DE GALICIA 1990: PERSPECTIVA XERAL DO SISTEMA ECONÓMICO GALEGO
Nesta obra ofrécese unha perspectiva xeral do sistema económico rexional a partir das estimacións das Táboas Input-Output e a Contabilidade Rexional de 1990.
12.- CONTAS ECONÓMICAS DO SECTOR INDUSTRIAL  
Nesta publicación preséntanse as contas económicas do sector industrial de Galicia baixo a metodoloxía do Sistema Europeo de Contas Integradas 1995 (SEC 95). Así, recóllense os resultados das contas de produción e explotación do sector industrial e un conxunto de información complementaria.
13.- CONTAS DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS GALEGAS: ADMINISTRACIÓN LOCAL, ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA E EMPRESAS PÚBLICAS  
Nesta publicación ofrécese en termos de Contabilidade Nacional o conxunto das actividades desenvolvidas polas administracións públicas da Comunidade Autónoma.
14.- CONTABILIDADE REXIONAL DE GALICIA  
Esta publicación é a continuación dos traballos iniciados coa elaboración da Táboa Input-Output de Galicia 1990. Os datos preséntanse adaptados á CNAE 93 e ao SEC 95.
15.- CONTABILIDADE TRIMESTRAL DE GALICIA  
Neste documento preséntanse datos sobre a evolución dalgunhas das principais magnitudes macreoeconómicas da economía galega, así como, unha síntese da evolución da economía española e internacional, para observar as diferenzas e similitudes coa galega.
16.- CONTAS ECONÓMICAS DE GALICIA. BASE 1995. SERIE  
Nesta publicación preséntase a serie de contas económicas do período de referencia para ofrecer unha descrición sistemática e detallada das principais características estruturais da economía galega.
17.- CONTAS ECONÓMICAS DE GALICIA. BASE 2000. SERIE  
Nesta publicación preséntase a serie de contas económicas do período de referencia para ofrecer unha descrición sistemática e detallada das principais características estruturais da economía galega.
18.- INDICADOR MUNICIPAL DA RENDA DOS FOGARES. BASE 2000. SERIE 2000-2002
Nesta publicación preséntase o indicador municipal da renda dos fogares a partir da obtención da variable renda dispoñible bruta por habitante.
Compartir: