Estudo sobre salarios. O mercado de traballo en Galicia

Introdución

A Enquisa de poboación activa (EPA) é unha investigación por mostraxe, continua e dirixida ás vivendas familiares que o Instituto Nacional de Estadística (INE) realiza desde 1964. En xullo de 2008 firmouse un convenio de colaboración entre o INE e o Instituto Galego de Estatística (IGE) para a duplicación da mostra da EPA no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

A finalidade principal da EPA é coñecer a actividade económica no relativo ao seu compoñente humano. Está orientada a dar datos das principais categorías poboacionais en relación co mercado de traballo (ocupados, parados, activos, inactivos) e a obter clasificacións de estas categorías segundo diversas características. Tamén posibilita confeccionar series temporais homoxéneas de resultados.

Neste apartado, a partir da Enquisa de Poboación Activa (IGE-INE), trátase de coñecer cómo se estrutura a poboación en relación coa actividade económica, co obxectivo de caracterizar o volume de traballadores por conta allea desde unha perspectiva socioeconómica. Descríbese a poboación asalariada en Galicia segundo o sexo, idade, tipo de xornada, tipo de contrato, rama de actividade, nivel de estudos e a ocupación.

Datos xerais

Asalariados

Situación de Galicia respecto das Comunidades Autónomas

Situación de Galicia respecto da Unión Europea

 
Compartir: