Axuda


Nesta páxina atopará datos estatísticos para coñecer e interpretar a actualidade económica, demográfica e social de Galicia. En https://www.ige.gal están dispoñibles os datos estatísticos de censos, enquisas, das explotacións estatísticas de directorios e rexistros administrativos, sistemas de indicadores, números índices, contas económicas e proxeccións, elaborados polo IGE. Tamén encontrará información doutras fontes como as consellerías, ministerios e o INE.
Toda a información dispoñible en https://www.ige.gal é gratuíta. Nesta axuda tratamos de responderlle a algunhas das preguntas que lle farán a navegación pola mesma máis sinxela.
  • A toda a información estatística que está dispoñible na nosa páxina web poderase acceder a través do menú "Datos". A parte central da páxina está destinada a que se poida acceder á información por temas.
  • A información estatística encóntrase dispoñible a partir das seguintes vías:
    • Datos: contén toda a información estatística dispoñible no IGE. Pódese acceder á información por temas e por ámbito xeográfico e inclúese, tamén, a información transversal e a de síntese.
    • Principais datos de Galicia: resumo da información máis relevante e actualizada da Comunidade Autónoma de Galicia. Proporciónanse as definicións dos conceptos que se mostran no resumo.
    • Principais indicadores económicos: móstranse datos dos principais indicadores económicos de Galicia, España e a UE-27, para os últimos períodos dispoñibles.
    • Series de conxuntura: ofrece información en forma de series mensuais e trimestrais clasificadas por temas e para Galicia.
    • Información municipal e comarcal: a partir deste apartado proporciónase acceso a toda información estatística municipal e comarcal dispoñible na páxina web do IGE:
      • As fichas municipais e comarcais son resumos que aglutinan a información básica máis actualizada relativa a un concello/comarca.
      • O banco de datos municipal e comarcal contén a información relativa a diferentes áreas temáticas para todos os concellos/comarcas de Galicia.
      • O Atlas comarcal ofrece unha aproximación á realidade socioeconómica das comarcas galegas mediante a combinación de gráficos e mapas.
  • No noso apartado de Servizos/Servizos para a prensa atopará as notas de prensa que se emiten aos medios para difundir os principais resultados das estatísticas. Tamén pode consultar o calendario e coñecer o día en que se farán públicos os resultados de todas as estatísticas elaboradas polo IGE.
  • O PIB publícase nas contas económicas anuais e trimestrais, ás que se accede a través do apartado de "Economía" da clasificación temática. Nas contas anuais recóllense os principais agregados macroeconómicos de Galicia para uns determinados anos e nas trimestrais publícanse avances trimestrais e anuais.
  • Aínda que o IPC é un índice que elabora o INE, o IGE difunde na súa páxina web a variación nun mes e nun ano do índice xeral e do índice na Comunidade Autónoma de Galicia para os diferentes grupos de produtos. Así, a través do enlace IPC que ten a táboa de últimos datos da páxina principal pódese acceder ás táboas publicadas. A variación nun ano do IPC utilízase para actualizar os diferentes tipos de rendas e así, cando nun contrato non se especifique un índice concreto aplicarase o índice xeral (nacional).
  • As últimas taxas de paro, actividade e ocupación dispoñibles para todos os concellos de Galicia obtéñense do censo de poboación e vivendas do ano 2011. Para os sete grandes concellos galegos a Enquisa de poboación activa (EPA) proporciona estes datos dende o terceiro trimestre do ano 2009. A nivel provincial e para o total de Galicia estes datos pódense consultar na EPA que está accesible a través do apartado de "Traballo" da clasificación temática.
  • O Instituto Galego de Estatística difunde as cifras oficiais de poboación a 1 de xaneiro de cada ano para Galicia, provincias, comarcas e concellos. Esta información publícase na actividade padrón e nomenclátor dentro do epígrafe de poboación/cifras de poboación. Para consultar a poboación a nivel municipal ou comarcal pódese acceder polo seu correspondente banco de datos. O nomenclátor de cada ano permite obter información das diferentes entidades singulares e colectivas (parroquias) pertencentes a un concello.
  • Na Enquisa estrutural a fogares, dentro do epígrafe "Sociedade da información" pódese consultar información sobre o uso das novas tecnoloxías polas familias galegas.
  • O banco de datos municipal/comarcal permite a elaboración de mapas para todas as variables recollidas nas táboas. Para realizar un mapa hai que acceder ao banco de datos municipal/comarcal por temas e escoller unha táboa onde aparezan as variables que desexe representar. Na táboa dinámica hai que seleccionar todos os concellos/comarcas en filas e en columnas poñer as variables que desexe. Unha vez feita a táboa aparecerá un enlace para facer o mapa, premendo nel pediralle que especifique a columna que queira representar e verase o mapa.
  • Todas as publicacións editadas polo IGE están dispoñibles no catálogo de publicacións. Cando se accede ao catálogo e se consulta algunha das publicacións hai dispoñible un formulario para solicitala ao Instituto. Tamén poderá consultar as últimas novidades editoriais.
  • Toda a información institucional do IGE está dispoñible no apartado de "O IGE". Aquí poderás atopar información sobre bolsas, oposicións, concursos, xornadas, cursos, ... no apartado de "Formación e emprego".
  • Para resolver todas as súas dúbidas ou solicitar a información que non localice na nosa web pode empregar os seguintes medios:
    • Consultas on-line:
      Se non atopa a información pode escribirnos a través do formulario dispoñible na web. O tempo medio de resposta ás peticións por este medio é de dous días laborables.
    • Consultas telefónicas e por escrito:
      O IGE posúe un teléfono de información estatística no que se atenden as peticións ao momento, facilitándolle ao usuario a información, cando sexa posible, ou indicándolle onde atopala na nosa páxina web.
      As peticións de información estatística que chegan por escrito (fax ou correo postal) aténdense na maior brevidade posible. Por termo medio as peticións contéstanse en dous días laborables unha vez recibida a petición.
      Instituto Galego de Estatística
      Complexo administrativo San Lázaro s/n
      15703 Santiago de Compostela
      Teléfono: 981 54 15 89(Luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas)
      Fax: 981 54 13 23
    • Consultas na Biblioteca:
      No caso de que queira visitarnos, na biblioteca do IGE aténdense peticións de información estatística, xa sexa a través das publicacións do fondo da biblioteca ou a partir da internet (a biblioteca conta cun servizo para consultar as principais páxinas web con información estatística).
  • Ademais da información estatística dispoñible na nosa páxina web ou nas diferentes publicacións, o Instituto Galego de Estatística pode facilitar información estatística a medida a través de explotacións a medida, onde se facilitan cruces de variables distintos aos publicados.

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo