Descarga de información. APIs

Para mellorar o acceso aos datos e fomentar a innovación, o Instituto Galego de Estatística expón a súa información a través de tres Interfaces de Programación de Aplicacións (APIs). Deste xeito os datos están accesibles aos desenvolvedores de software a través dunha petición HTTP GET. A partir destas os desenvolvedores poden obter información do Instituto e integrala nos seus propios servizos. A utilización de calquera das APIs conleva a aceptación das condicións de uso que se explican ao final desta páxina.

Nas dúas APIs, o IGE ofrece na súa web a posibilidade de configurar a información que cada usuario precise. Nesa mesma aplicación web se lle mostra cal é a URL desde a que se pode ter acceso a esa selección e que a súa aplicación pode utilizar directamente. Toda a información que especifica a petición está contida na sua url, polo que basta con copiala. Tamén se pode xerar urls similares para obter outras extraccións de datos cambiando algún parámetro. Para o caso da dimensión temporal, xa está habilitada a posibilidade de pedir, non unha serie de períodos concreta, senón tamén os últimos que existan nas bases de datos do IGE.

APIs dispoñibles:
  • Descarga de táboas
    • Acceso á interface
    • Método HTTP: GET
    • Modelo de URL: http://www.ige.eu/igebdt/igeapi/datos/{código da táboa}/[parámetros de selección]
    • Formato de resposta: csv, json
  • Descarga de Indicadores
    • Acceso á interface
    • Método HTTP: GET
    • Modelo de URL: http://www.ige.eu/igebdt/igeapi/datosindi/{codigo indicador}
    • Formato de resposta: csv, json
  • Descarga de series de conxuntura
    • Acceso á interface
    • Método HTTP: GET
    • Modelo de URL: http://www.ige.eu/igebdt/igeapi/datosindi/{codigo serie}
    • Formato de resposta: csv, json

Formatos de resposta

Csv

Ofrécese esta posibilidade por ser o csv un formato moi simple, aberto, ben coñecido e soportado por todos os programas de follas de cálculo e adecuado para a información de carácter tabular.

A estrutura do ficheiro é a seguinte:

  • A primeira liña contén os nomes das variables e as liñas seguintes conteñen os clasificadores
  • Está separado por comas
  • As variables tipo alfanuméricos van entre comiñas
  • As dúas últimas columnas conteñen os datos en formato numérico e alfanumérico, respectivamente
  • O campo DatoN correspóndese cos datos en formato numérico. Cando o dato non se encontra dispoñible este campo aparecerá en branco e o campo DatoT conterá a explicación pola cal ese dato está en blanco: segredo estatístico, non procede, .... O campo DatoT tamén pode aportar información sobre o dato numérico contido no campo DatoN.
  • O campo DatoT correspóndese cos datos en formato texto. Neste campo pode aparecer a seguinte simboloxía:
    • * : segredo estatístico
    • .. : sen datos ou non consta
    • - : non procede incluír datos

Preséntase un exemplo a continuación:

  • URL de descarga: http://www.ige.eu/igebdt/igeapi/csv/datos/1552/1:0,9912:12,T[all:a]
  • Resposta:
    "CodTempo","Tempo","Poboación e densidade","CodEspazo","Espazo","DatoN","DatoT"
    1900,"1900","Poboación","12","12 Galicia",2073638,"2.073.638"
    1910,"1910","Poboación","12","12 Galicia",2231753,"2.231.753"
    1920,"1920","Poboación","12","12 Galicia",2342545,"2.342.545"
    1930,"1930","Poboación","12","12 Galicia",2466599,"2.466.599"
    1940,"1940","Poboación","12","12 Galicia",2638557,"2.638.557"
    1950,"1950","Poboación","12","12 Galicia",2701803,"2.701.803"
    1960,"1960","Poboación","12","12 Galicia",2730996,"2.730.996"
    1970,"1970","Poboación","12","12 Galicia",2676403,"2.676.403"
    1981,"1981","Poboación","12","12 Galicia",2811912,"2.811.912"
    1991,"1991","Poboación","12","12 Galicia",2731669,"2.731.669"
    2001,"2001","Poboación","12","12 Galicia",2695880,"2.695.880"
    2011,"2011","Poboación","12","12 Galicia",2772928,"2.772.928"

Json

Json é un formato lixeiro para o intercambio de datos. É simple e amplamente empregado e apoiado, as principais linguaxes de programación poden manexar json.

A estrutura do ficheiro é a seguinte:

  • A primeira parte contén os nomes das variables e a segunda parte contén os clasificadores.
  • O campo DatoN correspóndese cos datos en formato numérico. Cando o dato non se encontra dispoñible este campo aparecerá en branco e o campo DatoT conterá a explicación pola cal ese dato está en branco: segredo estatístico, non procede, .... O campo DatoT tamén pode aportar información sobre o dato numérico contido no campo DatoN.
  • O campo DatoT correspóndese cos datos en formato texto. Neste campo pode aparecer a seguinte simboloxía:
    • * : segredo estatístico
    • .. : sen datos ou non consta
    • - : non procede incluír datos

Preséntase un exemplo a continuación:

  • URL de descarga: http://www.ige.eu/igebdt/igeapi/json/datos/1552/1:0,9912:12,0:1981:1991:2001:2011
  • Resposta:
    {"variables" : ["CodTempo","Tempo","Poboación e densidade","CodEspazo","Espazo","DatoN","DatoT"]
    , "datos" : [[1981,"1981","Poboación","12","12 Galicia","2811912","2.811.912"]
    ,["1991","1991","Poboación","12","12 Galicia","2731669","2.731.669"]
    ,["2001","2001","Poboación","12","12 Galicia","2695880","2.695.880"]
    ,["2011","2011","Poboación","12","12 Galicia","2772928","2.772.928"]
    ]}
  • Exemplo de tratamento do formato json con javascript:

JSON -stat

JSON-stat é un formato de difusión JSON sinxelo e lixeiro, o máis adecuado para a visualización de datos, aplicacións móbiles ou iniciativas de datos abertos, que foi deseñado para todo tipo de difusores. Máis información en json-stat.org

Condicións de uso

  • O IGE ofrece os seus datos nun formato lexible por máquinas a través de dúas APIs. Este servizo ofrécese suxeito a estas condicións de uso e ás condicións contidas no Aviso legal desta páxina.
  • Os servizos que empreguen as APIs do IGE teñen que mostrar o seguinte aviso dentro da aplicación: "Este produto emprega a API de datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), pero non está certificado ou aprobado polo IGE".
  • Ao presentar os datos proporcionados polas APIs non está autorizado a modificar ou editar datos, metadatos ou os enlaces proporcionados.
  • O uso das APIs proporcionadas polo IGE non supón ningún tipo de apoio, relación ou afiliación entre o sitio web que as emprega e o IGE.
  • O IGE resérvase o dereito a limitar as peticións repetidas dende un mesmo orixe para garantir o acceso ao servizo de todo o mundo. Se desexa facer este tipo de peticións póñase en contacto co IGE.
  • A cesión, emprego ou explotación das APIs deberán cumplir as estipulacións contidas na lexislación vixente e sempre se vincularán a usos lexítimos.
  • En caso de vulnerar estas condicións, o IGE resérvase o dereito a bloquear o seu acceso ás APIs. Vostede será responsable dos danos que poida supor a explotación indebida desta información.
  • O IGE resérvase o dereito a modificar estas condicións en calquera momento, así como, de rematar esta relación e cancelar o seu uso.

Compartir: