Servizo de noticias RSS

Benvido ao servizo de noticias RSS do Instituto Galego de Estatística. Este servizo permitiralle estar informado permanentemente de todas as novidades, notas de prensa, actualización de datos, etc. relacionadas coas nosas actividades estatísticas sin necesidade de conectarse á nosa páxina web.

Utilizando este servizo recibirá un aviso co titular da noticia no mesmo momento en que se publique na nosa web. Tamén pode ver as últimas noticias dende esta páxina.

¿Que é RSS?

RSS son as siglas de (Really Simple Syndication o Rich Site Summary), un formato de texto, baixo o estándar XML 1.0, utilizada para a difusión de titulares de noticias e contidos por Internet dunha forma automática. A esta forma de distribuír contidos chámase ‘sindicación’. A súa función é mostrar un sumario ou índice cos contidos e noticias que se publican nun sitio web, sen necesidade de entrar nel.

Trátase dun pequeno arquivo de texto, albergado no servidor do sitio web que exerce de fonte de noticias. Dentro deste arquivo, os editores do sitio web colocan, dunha forma ordeada e estruturada, os titulares e unha pequena descrición dos últimos contidos que publicaron na súa web.

Os arquivos RSS permiten coñecer as actualizacións dun sitio web dun xeito rápido e sinxelo, sen necesidade de entrar en dita páxina web. Para isto necesitará ter instalado no seu ordenador un programa lector de noticias.

¿Como facer uso dos arquivos RSS?

  • Os usuarios de Mozilla Firefox poderán suscribirse ao servizo de noticias simplemente pulsando sobre a icona que aparece na esquina inferior dereita do seu navegador. Tras pulsar sobre a icona aparecerá a mensaxe "Suscribirse a 'IGE - Servizo de noticias RSS'". Pulse sobre a mensaxe e agregue o marcador dinámico. Abra os marcadores e visualice o novo marcador creado, mostraranse as últimas noticias do Instituto Galego de Estatística.

    Para actualizar as noticias pulse co botón dereito do rato sobre o canal (por defecto, IGE - Servizo de noticias RSS) e posteriormente na opción Refrescar marcador vivo.

  • Programa Lector de Noticias

    Se non dispón dun programa lector, pode descargar e instalar no seu ordenador un lector de noticias. Algúns exemplos de programas gratuítos (en lingua inglesa) son:

    Para engadir un enlace ao noso arquivo de noticias no seu programa lector de noticias:

     http://www.ige.eu/rss/rssige.rss

    1. Copie a ruta do enlace anterior utilizando a opción adecuada do seu navegador (por exemplo, en Internet Explorer, seleccionar "Copiar acceso directo" ou en Firefox seleccionar "Copiar dirección do enlace").

    2. A continuación pegue a dirección que acaba de copiar no programa lector utilizando a opción apropiada.

      Se está usando o programa Awasu, terá que abrilo e seleccionar a opción "New channel" no menú "File" co que aparecerá unha ventá na que deberá pegar a dirección (URL) que copiou. Se usa o programa RssReader debe seleccionar a opción "Add feed" no menú "File".

    3. Unha vez rematado o proceso anterior, xa terá o canal do Instituto Galego de Estatística incorporado no seu programa lector que se encargará de mostrarlle automáticamente as novidades que se vaian introducindo na páxina web do Instituto Galego de Estatística.

Términos e condicións de uso do servizo RSS

O Instituto Galego de Estatística resérvase o dereito de suspender este servizo en calquera momento e solicitar o cese inmediato de todo uso específico do noso servizo RSS.

Compartir: