Resumo de resultados


Galicia en cifras

Anuario en cifras

O Instituto Galego de Estatística realiza, desde o comezo da súa actividade, o anuario Galicia en cifras. Neste anuario recóllense as principais variables de contido estatístico das diferentes fontes de información dispoñibles sobre os diferentes ámbitos e materias da realidade socioeconómica relativas á Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Ata o anuario 2009 todas as edicións fixéronse en papel e en internet (en pdf ou excel). Na web están dispoñibles os anuarios dende o exemplar do 1995, en formato Html/Excel ou pdf. Os exemplares anteriores á edición do ano 2010 poden solicitalos ao Instituto que os facilitará de forma gratuíta sempre que estean dispoñibles.

  • A partir da edición do ano 2010 o Galicia en cifras publícase só en internet en html. Desta maneira as táboas estarán actualizadas a medida que os datos estean dispoñibles. Ademais dentro de cada táboa coa funcionalidade de "Máis datos" permítese o acceso a información retrospectiva, con máis detalle e con información para os diferentes ámbitos territoriais.

Consulta do Anuario

Neste apartado pódense consultar os exemplares do anuario Galicia en Cifras desde o ano 1995 ata o 2009, atopándose a información para cada ano agrupada nos distintos capítulos dos anuarios.

Ademais, a información pódese ampliar nos diferentes apartados das actividades estatísticas na nosa páxina web.

Galicia en cifras. Anuario 

Anuario Galicia - Norte de Portugal

Anuario en cifras

O Instituto Galego de Estatística xunto co Instituto Nacional de Estatística iniciaron no ano 1995 a elaboración do anuario estatístico Galicia-Norte de Portugal. Como resultado desta cooperación publicáronse seis edicións en papel do anuario correspondentes aos anos 1995, 1996, 1998, 2000-2001, 2002 e 2003 e dúas edicións en CD-ROM (1997 e 1999). A publicación das edicións do anuario 2010 e 2011, encadrada dentro do Programa Operativo de Cooperación Territorial España-Portugal (POCTEP), é froito da colaboración entre a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, o Instituto Galego de Estatística e a Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal a través do seu Observatorio das Dinámicas Rexionais.

  • Na web están dispoñibles os anuarios dende 1995 ata 2011, en formato Html/Excel ou pdf. Os exemplares publicados en papel poden solicitalos ao Instituto que os facilitará de forma gratuíta sempre que non estean agotados.

  • As edicións de 2010, 2011 e 2012 están dispoñibles no Observatorio Transfronteirizo / Ovservatório Transfronteiriço Galicia-Norte de Portugal en formato html. Para cada táboa móstrase a información do último ano dispoñible, pero premendo o botón "Máis datos" pódese acceder aos datos dos anos anteriores.

Consulta do Anuario

Neste apartado pódense consultar os distintos exemplares do anuario Galicia-Norte de Portugal.

Ademais, a información pódese ampliar nos diferentes apartados das actividades estatísticas na nosa páxina web.

Anuario estatístico Galicia-Norte de Portugal 

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo