¿Cómo obter as nosas publicacións?

No Catálogo preséntanse todas as publicacións elaboradas polo Instituto Galego de Estatística en formato papel e/ou electrónico e que están dispoñibles para a súa consulta na biblioteca do Instituto. Atendendo a súa dispoñibilidade, as publicacións do Instituto clasifícanse en obras con prezo, dispoñibles e esgotadas.

Obras con prezo: para obter este tipo de obras hai que poñerse en contacto con:

  • En Galicia, Portugal e Brasil:
    Principais librarías de Galicia
    Editorial Galaxia
        Reconquista, 1
        36201 VIGO
        Tlf. (986) 43.21.00
        Fax: (986) 22.32.05
  • No resto de España:
    Editorial Egartorre S.L.
        C/ Primavera 31
        Polígono Industrial El Malvar
        28500 Arganda del Rey
        Madrid
        Tlf. (91) 872.93.90
        Fax: (91) 871.93.99

Obras dispoñibles: pódense solicitar ao Instituto Galego de Estatística mediante o formulario de Petición de publicacións ou ben facendo unha petición ao Instituto mediante fax, correo ordinario ou correo electrónico.

Obras esgotadas: só se poderán consultar na Biblioteca do IGE

Ademais, o Instituto Galego de Estadística coloca na súa páxina web numerosos folletos en formato pdf. No catálogo ofrécese, por un lado, a posibilidade de descargar unha publicación en concreto, se esta está dispoñible, e polo outro, acceder á relación de todas as publicacións dispoñibles na web en formato pdf.

Compartir: