Ficheiros de microdatos

Os ficheiros de microdatos conteñen os datos individuais dunha operación estatística, convenientemente anonimizados, co fin de preservar a confidencialidade da información. Trátase de ficheiros ASCII (ficheiros .txt separados por ;) con estrutura de campos que recollen para cada rexistro individual da enquisa os valores que toma cada variable. Tamén se proporciona o deseño de rexistro e a relación de valores válidos que poden tomar as variables recollidas na enquisa. Para o tratamento destes datos necesítanse programas adecuados.

O IGE non se responsabiliza dos resultados que os usuarios obteñan a partir destes ficheiros baseados nos seus propios cálculos. Ademais, toda persoa que empregue os ficheiros de microdatos comprométese a citar, en calquera publicación obtida a partir deles, ao IGE como fonte do dato primario (Fonte: IGE, http://www.ige.eu), así como de que calquera responsabilidade derivada do uso desta información por parte dos autores é responsabilidade exclusiva deles. En xeral, quen desexe reutilizar calquera contido deste sitio web deberá adaptarse ás condicións de reutilización impostas no aviso legal

Compartir: