Enquisa de poboación activa (EPA)

Resumo de resultados 28/01/2020
Datos correspondentes ao cuarto trimestre de 2019

Introdución

A Enquisa de poboación activa (EPA) é unha investigación por mostraxe, continua e dirixida ás vivendas familiares que o Instituto Nacional de Estadística (INE) realiza desde 1964. En xullo de 2008 firmouse un convenio de colaboración entre o INE e o Instituto Galego de Estatística (IGE) para a duplicación da mostra no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. O obxectivo da ampliación da mostra é permitir a análise da poboación galega, en relación coa actividade económica, cunha maior desagregación do que se viña facendo ata o momento. Como resultado deste convenio, a partir do terceiro trimestre de 2009 incorpórase á operación a mostra adicional recollida polo IGE, utilizando idéntica metodoloxía e o mesmo sistema de traballo de campo que o INE.

A finalidade principal da EPA é coñecer a actividade económica no relativo ao seu compoñente humano. Está orientada a dar datos das principais categorías poboacionais en relación co mercado de traballo (ocupados, parados, activos e inactivos) e a obter clasificacións destas categorías segundo diversas características. Tamén posibilita confeccionar series temporais homoxéneas de resultados.

Activos

No cuarto trimestre de 2019 a poboación galega de 16 ou máis anos situouse en 2.337.100 persoas, das cales 1.241.700 clasifícanse como activas, o que sitúa a taxa de actividade no 53,1%. Con respecto ao trimestre anterior, o número de activos e de activas diminúe en 7.500 persoas, mentres que a taxa de actividade diminúe 0,4 puntos respecto ao terceiro trimestre de 2019.

Con respecto ao mesmo trimestre de 2018, o número de persoas activas aumenta en 4.700 persoas e a taxa de actividade aumenta 0,1 puntos.

Poboación de 16 ou máis anos segundo a relación coa actividade económica. Galicia. Cuarto trimestre de 2019
Miles de persoas, porcentaxe

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Por sexo, a taxa de actividade masculina diminúe catro décimas, ata situarse no 57,6%. A taxa de actividade feminina diminúe 0,2 puntos porcentuais, e sitúase no 49,1%.

Taxas de actividade segundo o sexo. Galicia. Cuarto trimestre de 2019
Porcentaxe

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Poboación activa segundo o sexo. Galicia. Cuarto trimestre de 2019
Miles de persoas, porcentaxe

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Ocupados

A ocupación diminúe en 9.700 persoas no cuarto trimestre de 2019 respecto á cifra do trimestre anterior e sitúase en 1.096.000 persoas ocupadas. A taxa de ocupación diminúe 0,4 puntos neste trimestre, ata o 46,9%.

Nos últimos doce meses o número de ocupados e de ocupadas aumentou en 7.900 persoas, o que supón unha suba do 0,7% en termos relativos.

Por sexo, neste trimestre diminuíu tanto a ocupación masculina como a feminina: o número de ocupados varóns diminuíu en 7.200 persoas respecto ao terceiro trimestre do ano 2019 e a ocupación das mulleres diminuíu en 2.400 persoas. En termos de taxas, isto tradúcese nunha baixada da taxa de ocupación masculina de 0,7 puntos e unha diminución de 0,3 puntos no caso da feminina.

Con respecto ao cuarto trimestre do ano 2018, o número de homes ocupados aumenta en 8.800 persoas (un 1,5%), mentres que o de mulleres ocupadas diminúe nun 0,2%.

Taxas de ocupación segundo o sexo. Galicia. Cuarto trimestre de 2019
Porcentaxe

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Poboación ocupada segundo o sexo. Galicia. Cuarto trimestre de 2019
Miles de persoas, porcentaxe

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Atendendo aos sectores de actividade económica (segundo a CNAE 2009), o número de persoas ocupadas neste trimestre diminúe en todos os sectores agás na construción. Na industria a ocupación diminúe en 1.700 persoas con respecto ao terceiro trimestre de 2019, o sector primario rexistra unha diminución de 2.800 persoas na cifra de ocupación e os servizos de 6.100 persoas. Pola contra a construción rexistra 800 traballadores e traballadoras máis.

Con respecto ao mesmo trimestre de 2018, a ocupación aumenta na industria un 8,1% e na construción un 11,2%; pola contra, nos servizos a ocupación diminúe un 1,5% e na agricultura e pesca un 1,8%.

Poboación ocupada segundo sectores de actividade. Galicia. Cuarto trimestre de 2019
Miles de persoas, porcentaxe

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Asalariados

En Galicia había 883.300 persoas asalariadas no cuarto trimestre de 2019, 654.400 con contrato indefinido e os 228.900 restantes con contrato temporal. Con respecto ao trimestre anterior rexístranse 9.400 asalariados e asalariadas máis con contrato indefinido, o que supón un aumento de 1,5 puntos en termos relativos. O número de persoas suxeitas a un contrato temporal diminúe en 14.900 efectivos (o que supón, en termos relativos, unha baixada do 6,1% con respecto ao terceiro trimestre de 2019). No que respecta á variación interanual, as persoas con contrato indefinido incrementáronse un 1,2% e as persoas con contrato temporal aumentaron un 0,9%.

A taxa de temporalidade, calculada como a porcentaxe de persoas con contrato temporal sobre o total de asalariados e asalariadas, sitúase no 25,9%.

Poboación asalariada segundo tipo de contrato. Galicia. Cuarto trimestre de 2019
Miles de persoas, porcentaxe

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Parados

No cuarto trimestre de 2019 en Galicia había 145.800 persoas en paro, 2.300 máis que no trimestre anterior. A taxa de paro aumenta 0,2 puntos e sitúase no 11,7%.

Con respecto ao cuarto trimestre do ano 2018, o número de parados e paradas diminúe en 3.100 persoas (un -2,1%) e a taxa de paro 0,3 puntos.

Por sexo, con respecto ao trimestre anterior, aumenta o paro masculino e diminúe o feminino: o número total de homes parados sitúase en 66.200 persoas (2.500 máis que hai tres meses) e o de mulleres é de 79.500 persoas (200 mulleres menos en paro). A taxa de paro masculina aumenta en 0,5 puntos porcentuais e a feminina non amosa variación, situándose a primeira no 10,3% e a segunda no 13,3%.

No tocante á variación interanual, o número de parados entre o sexo masculino descende en 6.500 persoas (un 8,9% menos), e o volume de paradas aumenta en 3.300 persoas (un 4,3% máis que hai un ano).

Taxas de paro segundo o sexo. Galicia. Cuarto trimestre de 2019
Porcentaxe

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Poboación parada segundo o sexo. Galicia. Cuarto trimestre de 2019
Miles de persoas, porcentaxe

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Fogares

No cuarto trimestre de 2019, o número de fogares nos que todos os seus membros activos están en paro aumenta en 2.200 unidades e sitúase en 52.300 fogares. Respecto ao cuarto trimestre de 2018, esta tipoloxía de fogares redúcese un 3,5%.

Pola súa banda, o número de fogares nos que todos os seus membros activos son ocupados diminúe en 4.900 unidades. O número de fogares nesta situación é de 612.600. En relación co mesmo trimestre do ano anterior hai 8.100 fogares máis nesta situación, o que supón unha suba do 1,3% en termos relativos.

Vivendas segundo a tipoloxía de actividade. Galicia. Cuarto trimestre de 2019
Miles de vivendas, porcentaxe

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Poboación xuvenil

Dos 317.700 mozos e mozas galegos de entre 16 e 29 anos, 122.000 (o 38,4%) están ocupados, 32.400 (o 10,2%) parados e os 163.400 (o 51,4%) restantes son inactivos.

A taxa de ocupación deste colectivo sitúase no 38,4% no cuarto trimestre de 2019. Con respecto ao trimestre anterior diminúe 2,2 puntos; con respecto ao mesmo trimestre do ano 2018 diminúe 0,1 puntos.

A taxa de paro xuvenil sitúase no 21,0% neste trimestre; aumenta 0,7 puntos respecto ao trimestre anterior. En comparación co cuarto trimestre de 2018 diminuíu 0,5 puntos.

Taxas de actividade, ocupación e paro da poboación de 16 a 29 anos. Galicia. Cuarto trimestre de 2019
Porcentaxe

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Poboación de 16 a 29 anos segundo a relación coa actividade económica. Galicia. Cuarto trimestre de 2019
Miles de persoas, porcentaxe

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

No cuarto trimestre de 2019, o 74,2% dos ocupados e das ocupadas de entre 16 e 29 anos traballa a xornada completa. Con respecto ao terceiro trimestre de 2019, esta cifra diminúe un 5,1%, mentres que o de mozos e mozas ocupados a xornada parcial diminúe en 1.900 persoas. Con respecto ao cuarto trimestre de 2018 aumenta a ocupación xuvenil que traballa a xornada completa (en 700 persoas) e diminúe a ocupación a xornada parcial (en 1.000 persoas).

Poboación ocupada de 16 a 29 anos segundo o tipo de xornada. Galicia. Cuarto trimestre de 2019
Miles de persoas, porcentaxe

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Dos 111.300 asalariados e asalariadas existentes neste trimestre de entre 16 e 29 anos, o 42,4% está vinculado á empresa por medio dun contrato indefinido. O número de mozos e mozas con contrato indefinido aumentou un 7,0% respecto ao trimestre anterior e diminuíu un 1,5% respecto ao mesmo trimestre de 2018. O número de mozos e mozas asalariados con contrato temporal diminuíu un 14,5% respecto ao trimestre pasado e un 1,2% respecto ao cuarto trimestre de 2018.

A taxa de temporalidade para o colectivo dos mozos e mozas de entre 16 e 29 anos sitúase no 57,6%.

Poboación asalariada de 16 a 29 anos segundo a duración do contrato. Galicia. Cuarto trimestre de 2019
Miles de persoas, porcentaxe

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Grandes concellos

Se comparamos os datos dos sete grandes municipios galegos, observamos que Lugo e Santiago son os que presentaron as maiores taxas de ocupación (56,8% e 57,3%, respectivamente) no cuarto trimestre de 2019. Ferrol é o concello coa menor taxa de ocupación (42,6%). No referido ás taxas de paro, este trimestre Santiago é o concello de entre os sete grandes con menor valor (8,7%) e Pontevedra a que presenta a taxa de paro máis elevada (16,0%).

Poboación segundo a relación coa actividade económica. Grandes municipios galegos. Cuarto trimestre de 2019
Miles de persoas

Nota: os resultados dos sete grandes concellos deben tomarse con precaución porque poden estar afectados por elevados erros de mostraxe.

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Taxas de actividade, ocupación e paro. Grandes municipios galegos. Cuarto trimestre de 2019
Porcentaxes

Nota: os resultados dos sete grandes concellos deben tomarse con precaución porque poden estar afectados por elevados erros de mostraxe.

Fonte: IGE    (descarga da táboa)


Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.
Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies
     De acordo
Compartir: