Indicadores de demografía empresarial

Resumo de resultados 26/01/2018
Datos correspondentes ao ano 2016

Introdución

Os Indicadores de demografía empresarial é unha actividade estatística que elabora o Instituto Galego de Estatística (IGE) con carácter anual.

O obxectivo desta actividade é proporcionar información agregada relativa ás empresas con actividade económica en Galicia (sen incluír o sector primario nin a administración pública), tendo en conta aspectos relativos ao dinamismo empresarial e aplicando unha metodoloxía acordada no ámbito da Unión Europea. Elabóranse indicadores relativos ao stock, nacementos, mortes e supervivencia das empresas a partir da explotación estatística do Directorio de empresas e unidades locais.

Número de empresas e taxas de nacemento e morte

Número de empresas e taxas de nacemento e morte segundo o sector económico.
Galicia. Ano 2016

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

O número de empresas con actividade económica en Galicia a principio do ano 2016 foi de 184.732, un 1,6% máis que no 2015.

O 76,7% destas empresas corresponde ao sector servizos, o 15,6% á construción e o 7,7% á industria.

A taxa de nacemento de empresas (cociente entre as creadas e as existentes a principio do ano) foi 12,53% no ano 2016. Pola súa parte, a taxa de mortes (cociente entre as empresas que desaparecen e as existentes a principio de ano) foi 11,53% nese mesmo ano. Como resultado, a taxa de crecemento neto foi do 1%.

O sector económico con mellor saldo demográfico empresarial no ano 2016 foi o sector servizos, cunha taxa neta do 1,37%.

Por outra parte, pódese comprobar que en todos os tipos de empresas segundo o tamaño, o saldo demográfico é positivo. Non obstante, o tipo de empresa con maior dinamismo é a microempresa, xa que pódese observar que presenta taxas de nacemento e de morte moi superiores aos outros tipos de empresas.

Número de empresas e taxas de nacemento e morte segundo o tamaño da empresa.
Galicia. Ano 2016

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Ao analizar a evolución das taxas de nacemento e morte de empresas, cómpre destacar que 2015 foi o primeiro ano desde 2008 no que a taxa de nacemento de empresas supera á de mortes. No ano 2016 volve a producirse esta situación e a taxa neta sitúase no 1%, positiva pero lixeiramente inferior ao valor do 2015 (1,66%).

Evolución das taxas de nacementos e mortes de empresas (%)

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Supervivencia

Taxa de supervivencia ano a ano.
Galicia

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

O primeiro ano de vida é cando se producen os maiores descensos de empresas. No ano 2016, das empresas creadas no ano 2015, só permanecen o 77,84%. Se analizamos a permanencia despois de 5 anos, pódese comprobar que o número inicial de empresas queda reducido a máis da metade.

Pódese comprobar ademais que a taxa de supervivencia das empresas galegas no primeiro ano de vida diminúe nos últimos anos (82,90% no ano 2009 fronte ao 77,84% no ano 2016).

Taxa de supervivencia aos 4 anos.
Galicia

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Neste gráfico cuantifícanse as desaparicións das empresas nos catro primeiros anos de vida. Así, do total de empresas creadas no ano 2012, no 2016 só permanecen o 52,83%.

Por outra parte, ao considerar as empresas creadas no período 2006-2012, as que presentan un valor máis alto da taxa de supervivencia aos 4 anos, son as creadas no ano 2007.

As PEMES presentan en xeral en todo o período, valores máis altos da taxa de supervivencia que o total de empresas e que os autónomos. No ano 2016 a taxa de supervivencia da PEMES creadas no ano 2012 sitúase en 74,11%, mentres que no caso dos autónomos sitúase no 47,49%.

Taxa de actividade emprendedora

Taxa de actividade emprendedora.
Galicia

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

A taxa de actividade emprendedora (TEA) mide a porcentaxe de poboación involucrada en iniciativas emprendedoras de menos de 42 meses de actividade, respecto da poboación activa. Este indicador sitúase no ano 2016 en Galicia no 6,89% e presenta un incremento por terceiro ano consecutivo tras varios períodos de baixada.

Resultados por muncipios

Taxa de crecemento empresarial
%

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Compartir: