Movemento Natural da Poboación (MNP). Ano 2017 provisional
Resumo de resultados 31/07/2018
Introdución
A Explotación do movemento natural da poboación proporciona información
sobre os principais fenómenos demográficos (nacementos, defuncións e matrimonios) e, xunto coa Explotación dos movementos migratorios,
permite estudar a evolución e as características dunha poboación ao longo do tempo.
A poboación obxecto de estudo son os nacementos de nais residentes en Galicia, as persoas falecidas con residencia en Galicia e os
matrimonios que teñen previsto fixar a súa residencia en Galicia.
|
Evolución dos nacementos, defuncións e matrimonios
O número de defuncións en Galicia no ano 2017 foi 31.676, valor moi similar ao rexistrado no ano 2016. Por outra parte, o número de nacementos continúa o descenso iniciado no ano 2009 e sitúase no ano 2017 en 18.312. O saldo vexetativo ou crecemento natural da poboación calcúlase como a diferenza entre o número de nacementos
producidos nun ano e o número de defuncións. Un saldo vexetativo negativo indica que se produciron máis defuncións que nacementos. A diminución
dos nacementos acompañado dunha cifra similar nas defuncións provoca unha nova diminución do saldo vexetativo en Galicia no último ano, que pasa de -12.521 no ano 2016 a -13.364 en 2017. Hai máis de
25 anos que Galicia non presenta un saldo vexetativo positivo.
|
|
Evolución do número de nacementos, defuncións e do saldo vexetativo. Galicia. 1975-2017(P) Número
Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación. Os datos do ano 2017 son provisionais (descarga da táboa)
Nota: o saldo vexetativo calcúlase como o número de nacementos menos o número de defuncións
|
|
En Galicia, no ano 2017, só 13 dos 313 concellos presentan un saldo vexetativo positivo. Polo que respecta aos concellos das sete grandes cidades galegas, todos eles presentan un saldo negativo.
|
Saldo vexetativo por concellos Número
Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación. Os datos do ano 2017 son provisionais (descarga da táboa)
|
Nacementos
O número de nacementos sitúase en Galicia no ano 2017 en 18.312, un 3,9% menos que os rexistrados no ano 2016. No período 2010-2017 todas as provincias galegas presentan unha diminución do número de nacementos. O 79,5% dos nacementos do ano 2017 corresponden a nais con residencia nas provincias da Coruña
e Pontevedra.
|
|
Evolución dos nacementos. Galicia e provincias. 2010-2017(P) Número
Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación. Os datos do ano 2017 son provisionais (descarga da táboa)
|
|
Nacementos por concellos. Ano 2017(P) Número
Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación. Os datos do ano 2017 son provisionais (descarga da táboa)
|
Os datos dos nacementos segundo a idade da nai constatan o retraso na idade á que as mulleres galegas teñen os seus fillos. Así, no ano 2017
o 79,1% dos nacementos en Galicia foron de nais de 30 ou máis anos de idade; mentres os nacementos nese grupo de idade representaban hai dez anos o 67,6%. No ano 2017 os nacementos de nais de 40 e máis anos representan xa o 11,5% do total de nacementos, fronte ao 4,3% do ano 2007.
|
Nacementos segundo o grupo de idade da nai. Galicia Número, porcentaxe (%)
Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación. Os datos do ano 2017 son provisionais (descarga da táboa)
|
|
Distribución dos nacementos segundo o grupo de idade da nai. Galicia Porcentaxe (%)
Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación. Os datos do ano 2017 son provisionais (descarga da táboa)
|
|
Defuncións
No ano 2017 rexistráronse en Galicia 31.676 defuncións. O 49,28% das defuncións corresponden a persoas de 85 e máis anos. A análise da distribución das defuncións en cada un dos sexos permite comprobar que nas mulleres as defuncións prodúcense a idades máis avanzadas que no caso dos homes. Non obstante, a meirande parte das defuncións próducense en idades cada vez máis tardías; o 56,17% dos homes que faleceron tiñan 80 e máis anos e no caso das mulleres a porcentaxe que pertencía a ese grupo de idade era o 77,82%.
|
|
Defuncións segundo o sexo e a idade do falecido. Ano 2017(P). Galicia Número, porcentaxe (%)
Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación. Os datos do ano 2017 son provisionais (descarga da táboa)
|
|
Defuncións segundo a provincia de residencia do falecido. Ano 2017(P) Número, porcentaxe (%)
Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación. Os datos do ano 2017 son provisionais (descarga da táboa)
|
|
Evolución das defuncións por grupos de idade. Galicia Número
Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación. Os datos do ano 2017 son provisionais (descarga da táboa)
|
|
Evolución das defuncións por meses. Anos 2000, 2005, 2010 e 2017(P). Galicia Número
Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación. Os datos do ano 2017 son provisionais (descarga da táboa)
|
Matrimonios
No ano 2017 rexistráronse en Galicia 8.855 matrimonios; 144 do mesmo sexo. Por provincias, A Coruña e Pontevedra foron nas que se rexistraron maior número de matrimonios, 4.030 e 3.030 respectivamente , mentres que en Ourense non se alcanzaron os 1.000 matrimonios no ano 2017.
Nos matrimonios de diferente sexo pódese comprobar tamén un retraso nas idades ás que os homes e as mulleres se casan. Así, en Galicia, no ano 2017 o 78,13% das mulleres e o 87,22% dos homes tiñan 30 e máis anos; hai dez anos estas porcentaxes situábanse no 50,83% e no 65,55%, respectivamente.
|
|
Matrimonios segundo o tipo de matrimonio. Galicia Número, taxa de variación interanual (%)
Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación. Os datos do ano 2017 son provisionais (descarga da táboa)
|
|
Matrimonios de diferente sexo segundo o grupo de idade da esposa. Anos 2007-2017(P). Galicia Porcentaxe (%)
Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación. Os datos do ano 2017 son provisionais (descarga da táboa)
|
|
Matrimonios de diferente sexo segundo o grupo de idade do esposo. Anos 2007-2017(P). Galicia Porcentaxe (%)
Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación. Os datos do ano 2017 son provisionais (descarga da táboa)
|
|
En Galicia, no ano 2017, rexistráronse en Galicia 8.710 matrimonios de diferente sexo. No 75,6% destes matrimonios o tipo de celebración foi civil.
|
Matrimonios de diferente sexo segundo o tipo de celebración. Ano 2007. Galicia Número
Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación (descarga da táboa)
|
|
Matrimonios de diferente sexo segundo o tipo de celebración. Ano 2017(P). Galicia Número
Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación. Os datos do ano 2017 son provisionais (descarga da táboa)
|
|
|