Portal educativo IGE

Economía. Os sectores de actividade
Definicións e conceptos teóricos


Poboación ocupada na agricultura e na pesca

Na seguinte táboa móstrase a evolución da poboación ocupada galega segundo os sectores de actividade económica nos que desempeñan a súa labor:

Poboación ocupada en Galicia (miles de persoas)
Total Agricultura
e pesca
Industria Construción Servizos
1980 1.115,1 463,8 193,4 114,9 343,1
1990 1.048,8 333,0 162,6 96,9 456,3
2000 1.011,9 174,3 180,3 119,4 537,7
2010 1.100,7 86,6 171,6 105,2 737,2

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa

A partir da táboa anterior podemos calcular a distribución da poboación ocupada nos sectores de actividade económica para eses anos:

Distribución da poboación ocupada galega (%)
Agricultura
e pesca
Industria Construción Servizos
1980 41,6% 17,3% 10,3% 30,8%
1990 31,8% 15,5% 9,2% 43,5%
2000 17,2% 17,8% 11,8% 53,1%
2010 7,9% 15,6% 9,6% 67,0%

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa

Evolución da poboación ocupada na agricultura e pesca en Galicia
(miles de persoas)

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa

Se queres acceder a datos máis actuais preme no seguinte ligazón

Como se pode observar na gráfica anterior, a poboación ocupada no sector primario diminuíu drasticamente os seus efectivos nestas tres décadas. De feito, no ano 1980, o 41,6% dos ocupados galegos desenvolvían a súa actividade no sector da agricultura e pesca, pero esta porcentaxe foi decrecendo progresivamente e no ano 2010 non chega ao 10% (7,9%).

Unha das causas desta diminución foi o éxodo rural. Moita da poboación que vivía no medio rural emigrou aos núcleos urbanos das cidades galegas ou a outras partes de España e ao estranxeiro. Podes completar esta información no apartado de movementos migratorios

Usos e aproveitamentos do solo

Segundo se desprende dos datos publicados pola Consellería do Medio Rural, no ano 2009 o 59% da superficie de Galicia é forestal. O 14% da superficie está dedicada a terras de cultivo e os prados e pasteiros constitúen o 16% da superficie total de Galicia.

Distribución das terras. Galicia. Ano 2009

Fonte: Consellería do Medio Rural

Distribución dos grupos de cultivos. Galicia. Ano 2009

Distribución dos grupos de cultivo
Hectáreas %
Cultivos herbáceos
Cereais gran 43.439 11%
Cultivos forraxeiros 301.582 78%
Tubérculos 19.944 5%
Leguminosas gran 2.516 1%
Hortícolas e flores e viveiros 17.228 4%
Cultivos leñosos
Froiteiras 34.545 58%
Viñedo 25.485 42%

Fonte: Consellería do Medio Rural. Anuario de Estatística Agraria

En Galicia no ano 2009 dedicáronse un total de 301.582 hectáreas a cultivos forraxeiros, o que supón o 78% do total da superficie dedicada a cultivos herbáceos. O seguinte grupo de cultivo en importancia é o dos cereais-gran ao que se dedica o 11% da superficie de cultivos herbáceos.

No tocante aos cultivos leñosos, en 2009, había un total de 34.545 ha de froiteiras (incluídas os castiñeiros), e a superficie total de viñedo chegou ás 25.485 hectáreas.

Porcentaxe de superficie agraria utilizada sobre o total da superficie da comarca. Ano 2009

Fonte: Consellería do Medio Rural

Porcentaxe de superficie forestal sobre o total da superficie da comarca. Ano 2009

Fonte: Consellería do Medio Rural

Na seguinte ligazón podes acceder aos últimos datos dispoñibles sobre a distribución xeral das terras nas nosas comarcas e o último ano dispoñible. Simplemente con premer "Ver mapa dinámico" podes representalo nun mapa. Se queres calcular algunha porcentaxe e representala no mapa poder empregar a ferramenta "Columna calculada".

Empresas industriais

Na seguinte táboa móstrase o número de empresas que realizan algunha actividade económica en Galicia segundo a súa actividade principal para o ano 2009.

Número de empresas Porcentaxe (sobre o total de empresas industriais)
Industrias extractivas 447 2,7%
Industria manufactureira 15.612 94,6%
Industria da alimentación 2.371 14,4%
Fabricación de bebidas 629 3,8%
Industria do tabaco 0 0%
Industria téxtil 346 2,1%
confección de roupa de vestir 1.301 7,9%
Industria do coiro e do calzado 61 0,4%
Industria da madeira e da cortiza, agás mobles; cestaría e espartaría 1.703 10,3%
Industria do papel 56 0,3%
Artes gráficas e reprodución de soportes gravados 838 5,1%
Coquerías e refinación de petróleo 1 0%
Industria química 189 1,2%
Fabricación de produtos farmacéuticos 17 0,1%
Fabricación de produtos de caucho e plásticos 220 1,3%
Fabricación doutros produtos minerais non metálicos 1.162 7,0%
Metalurxia; fabricación de produtos de ferro, aceiro e ferroaliaxes 90 0,6%
Fabricación de produtos metálicos, agás maquinaria e equipamento 2.862 17,3%
Fabricación de produtos informáticos, electrónicos e ópticos 133 0,8%
Fabricación de material e equipamento eléctrico 86 0,5%
Fabricación de maquinaria e equipamento n.c.n. 233 1,4%
Fabricación de vehículos de motor, remolques e semirremolques 141 0,9%
Fabricación doutro material de transporte 188 1,1%
Fabricación de mobles 1.372 8,3%
Outras industrias manufactureiras 659 4,0%
Reparación e instalación de maquinaria e equipamento 954 5,8%
Fornecemento de auga, actividades de saneamento, xestión de residuos e descontaminación 443 2,7%

Fonte: IGE. Directorio de empresas e unidades locais

No ano 2009 había un total de 16.502 empresas dedicadas á industria (incluída a enerxía) que realizaban algunha actividade económica en Galicia. O groso destas industrias son a fabricación de produtos metálicos (2.862), a industria da alimentación (2.371) e a industria da madeira e da cortiza (1.703).

Para obter datos máis actuais premer aquí.

Produción industrial

O Instituto Nacional de Estadística (INE) elabora o Índice de produción industrial (IPI). Este índice mensual mide a evolución da produción das ramas industriais. Trata, polo tanto, de medir a cantidade e a calidade, eliminando a influencia dos prezos.

Se tes dúbidas ou non sabes o que é un número índice, podes consultar a actividade: Porcentaxes, taxas, variacións e números índice.

Índice de produción industrial base 2005. Galicia

Fonte: INE. Índice de produción industrial

No gráfico anterior móstrase a evolución da produción das ramas industriais tomando como ano de referencia ou ano base o 2005. En todo o período o índice mostra mínimos nos meses de agosto, debido a que a actividade industrial neste mes vese reducida polas vacacións. Neste mes o índice presenta valores inferiores a 100. Recorda que se o índice é inferior a 100 quere dicir que a produción das ramas industriais é menor nese mes que a que se rexistrou no ano 2005.

Os produtos que elaboran as industrias poden clasificarse segundo o seu destino en:

  • Bens de consumo: son aqueles bens que se consideran propios do consumo das familias. Poden ser alimentarios ou non alimentarios.
  • Bens de equipo: son bens que se utilizan como medios de produción (por exemplo máquinas) no proceso produtivo de bens e servizos.
  • Bens intermedios: son bens destinados a formar parte do consumo intermedio da produción de bens e servizos. Por exemplo, unha fábrica que se dedique a confeccionar roupa, consume bens intermedios como a tea, botóns, fío, etc.

Se queres ver datos máis recentes do índice preme aquí

O sector turístico

Establecementos hoteleiros e de turismo rural. Decembro de 2009

Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Establecementos hoteleiros
Número 1.381 593 276 182 330
Capacidade 55.370 23.898 8.449 6.042 16.981
Establecementos hoteleiros. Estrelas de ouro
Número 536 195 92 68 181
Capacidade 38.558 16.028 4.881 3.490 14.159
Establecementos hoteleiros. Estrelas de prata
Número 845 398 185 114 149
Capacidade 16.812 7.870 3.568 2.552 2.822
Casas de turismo rural
Número 511 151 127 78 155
Capacidade 6.196 1.770 1.604 962 1.860

Fonte: INE. Enquisa continua de ocupación hoteleira. Estatística de ocupación en establecementos de turismo rural

En decembro de 2009 existían en Galicia un total de 1.381 establecementos hoteleiros (estrelas de ouro e estrelas de prata) e 511 establecementos de turismo rural, cunha capacidade total de 61.566 prazas.

Podes obter datos máis actuais sobre o número de establecementos e a súa capacidade en:

Viaxeiros entrados e grado de ocupación dos establecementos hoteleiros e casas de turismo rural. Ano 2009

Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Establecementos hoteleiros
Viaxeiros entrados 3.399.456 1.520.989 512.742 285.900 1.079.827
Grao de ocupación prazas (%) 32,4 35,3 25,5 24,3 34,1
Establecementos hoteleiros. Estrelas de ouro
Viaxeiros entrados 2.741.309 1.177.005 348.126 209.942 1.006.235
Grao de ocupación prazas (%) 35,5 37,5 29,7 30,4 36,3
Establecementos hoteleiros. Estrelas de prata
Viaxeiros entrados 658.148 343.984 164.615 75.957 73.591
Grao de ocupación prazas (%) 24,9 30,9 19,9 16,4 22,2
Casas de turismo rural
Viaxeiros entrados 176.941 51.405 54.689 27.177 43.670
Grao de ocupación prazas (%) 15,3 17,7 14,8 14,3 14,0

Fonte: INE. Enquisa continua de ocupación hoteleira. Estatística de ocupación en establecementos de turismo rural

Durante o ano 2009 un total de 3,4 millóns de viaxeiros (entrados) aloxáronse nalgún establecemento hoteleiro (estrelas de ouro e estrelas de prata) de Galicia. Como aclaración, considéranse viaxeiros entrados aquelas persoas que realizan unha ou máis pernoitas seguidas nun mesmo establecemento. Polo tanto se unha persoa durante a súa estancia en Galicia pasa as noites en 3 establecementos hoteleiros distintos, por exemplo, estaría contabilizado 3 veces.

No tocante ás casas de turismo rural, o volume de viaxeiros entrados neste tipo de establecementos foi 176.941 persoas.

Podes obter datos máis actuais sobre os viaxeiros entrados e sobre o grao de ocupación por prazas en: