Catálogo de publicacións


Publicacións sobre "Actividade empresarial"   7 publicación(s) atopada(s)
1.- Estrutura do comercio. Ano  
Nesta publicación preséntase información sobre as empresas galegas dedicadas ao comercio polo miúdo e permite realizar unha análise da realidade económica e empresarial, da estrutura produtiva e da especialización do comercio galego.
 
2.- Análise económica financeira sectorial das empresas  
Nesta obra ofrécense datos para a análise económica contidos nas contas anuais das empresas galegas depositadas no Rexistro Mercantil e incluídas na base de datos do Igape.
 
3.- Atlas de empresas: Galicia Norte de Portugal  
Nesta publicación preséntanse datos sobre localización e estrutura das sociedades con sede neste ámbito xeográfico.
 
4.- Central de balances: Informe trimestral económico-financeiro da empresa galega  
Nesta publicación preséntanse os resultados trimestrais dunha enquisa dirixida a un panel de empresas non financeiras. Ofrécense datos que fan referencia á actividade, investimento, financiamento, emprego, produtividade e rendibilidade das empresas galegas.

NOTA: A partir do 3º trimestre do ano 2004 (inclusive) só está dispoñible na páxina web do IGE.
 
5.- Central de balances de Galicia: Informe anual económico-financeiro da empresa galega  
Nesta publicación preséntanse os informes económico-financeiros da empresa galega tomando como base a información de máis de 20.000 sociedades que presentan as súas contas nos rexistros mercantís no ano de referencia.
 
6.- Directorio de empresas e unidades locais. Ano  
Nestas publicacións preséntase información sobre as características, en canto á súa actividade, tamaño e localización, das empresas galegas o que permitirá realizar unha análise da realidade e da especialización do sector empresarial.
 
7.- Central de Balances. Informe Anual Económico-Financeiro da Empresa Galega. Ano 2003
Nesta publicación preséntanse os informes económico-financeiros da empresa galega tomando como base a información de máis de 20.000 sociedades que presentan as súas contas nos rexistros mercantís no ano de referencia.
 

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo