Saltar navegación

Comparación con outras fontes

No caso de existir datos doutras fontes de información podemos contrastar os nosos resultados con esta información para avaliar a calidade da enquisa.

Por exemplo, o módulo de Coñecemento e uso do Galego da Enquisa estrutural a fogares do IGE proporcionase información por grupos de idade da poboación. Poderíamos tratar de comparar os nosos datos co grupo de idade difundido na enquisa que máis se aproxime á idade dos nosos alumnos.

Hai que ter en conta que o uso do galego varía en función da área xeográfica na que se atope o noso centro. Se premes na seguinte ligazón, podes observar como a porcentaxe de persoas que habitualmente fala en galego sempre varía entre o 12,86% da Área de Vigo ata o 68% da Área da Coruña Suroriental.