Saltar navegación

Difusión de resultados

A difusión de resultados debe constar de:

  • As táboas de datos cos resultados da enquisa. As táboas de datos deberán conter: 
    • Un título claro e conciso onde se describa o contido da táboa
    • No título deberán figurar o ámbito xeográfico e temporal do datos
    • A fonte dos datos: organismo que realiza a enquisa e nome da operación
    • Nota: non é un campo obrigatorio pero serve para facer aclaracións sobre os datos da táboa
    • Non se abusará do número de decimais na táboas
  • Unha metodoloxía onde se recolla toda a información que unha persoa necesite para entender o noso estudo. Debe conter os seguintes apartados:
    • Poboación de referencia. Por exemplo, alumnos de 1º, 2º, 3º, 4º ESO e 1º e 2º de Bacharelato do IES ....
    • Ámbito xeográfico. Podemos indicar os concellos de onde proceden os alumnos do centro
    • Ámbito temporal (período de referencia dos datos). Neste caso indicaríamos a data na que fixemos a enquisa.
    • Tipo de mostraxe
    • Fórmula de cálculo dos estimadores
    • Definición das variables
    • Método de recollida
    • Outra información que poida resultar de interese
  • Cuestionario utilizado na recollida de datos
  • Informe onde se recolla os principais datos obtidos