Saltar navegación

Mostraxe estratificada (II)

A continuación móstranse os pasos que debes seguir para seleccionar unha mostra estratificada co EPIDAT.

  1. Preme en Módulos – Mostraxe – Selección de mostras – Mostraxe aleatoria estratificada
  2. Indica o número de estratos nos que está dividida a poboación. Neste caso son 6 estratos (cursos)
  3. En "reparto da mostra" debemos escoller a forma en que queremos repartir a mostra de 77 alumnos entre os 6 cursos. Vamos a seleccionar, por exemplo, o reparto proporcional ao tamaño dos estratos. 
  4. Na entrada automática prememos na icona de “Abril datos individuais" e seleccionamos o ficheiro onde temos o listado completo do alumnado. No asistente para a obtención de datos indicámoslle ao programa a variable que queremos utilizar para a estratificación (curso).
  5. En tamaño da mostra indicamos 77 e prememos o botón “Distribuír”. Neste momento o EPIDAT xa nos indica candos alumnos vai seleccionar dentro de cada estrato.
  6. Marcamos que nos presente os resultados nun ficheiro
  7. Pinchamos  no botón de calcular e na ventá emerxente eliximos o nome e o lugar onde queremos gardar o ficheiro coa mostra seleccionada.