Saltar navegación

Estimacións (II)

Imaxinemos que queremos estimar a porcentaxe de alumnos segundo a lingua na que fala habitualmente. O pasos a seguir son os seguintes:

  • Entramos no EPIDAT (executamos Epidat.jar).
  • Prememos en Módulos – Análise descritiva – Táboas de frecuencias.
  • Prememos na icona de "Abrir táboa de datos".
  • Na ventá emerxente buscamos o ficheiro de datos (DatosMostra.ods) pulsando no botón “Examinar”.
  • Unha vez que temos a orixe de datos seleccionada, aparece un listado das variables dispoñibles. Seleccionamos a variable linguafala e pasámola ao recadro de “Resumir”.
  • No caso de estar interesados en obter o resultado segundo o sexo do alumno, podemos coller a variable sexo e pasala ao recadro de “Segmentar resultados”
  • Aceptamos e prememos o botón “Calcular”