Saltar navegación

Tipo de mostraxe

Mostraxe probabilística     Mostraxe non probabilística

Pódese calcular para cada mostra a probabilidade que ten de ser seleccionada.

Os principais métodos son:

  • Mostraxe aleatoria simple
  • Mostraxe estratificada
  • Mostraxe por conglomerados

Neste tipo de mostraxe non existe un procedemento que garanta que a mostra é representativa da poboación. A persoa que selecciona a mostra é a que se ocupada de que a mostra sexa o máis representativa posible (mostraxe opinática). 

Por exemplo, o profesor pode escoller aos alumnos coas mellores cualificacións en galego do centro para gañar tempo e asegurarse de que enchesen o cuestionario correctamente. Os resultados obtidos con esta mostra probablemente estarán sesgados. 

Pregunta Verdadeira ou Falsa

Imaxina que se quere realizar un estudo sobre o consumo de alcohol entre os mozos de 15 a 25 anos. Para elo pídense voluntarios entre os membros dunha asociación xuvenil.

Pregunta 1

¿Estamos ante un método de mostraxe probabilístico?