Saltar navegación

Estimacións (I)

Unha vez que os datos recollidos polos enquisadores están debidamente depurados xa podemos calcular as correspondentes estimacións. Como xa vimos, a fórmula de cálculo vai depender do tipo de mostraxe utilizado.

A continuación vamos ver un caso práctico de como se podería facer co programa EPIDAT, supoñendo que a mostraxe que realizamos foi aleatoria simple. 

Para facer esta práctica debes descargarte o ficheiro DatosMostra.ods

Ficheiros adxuntos

Este ficheiro contén os individuos que seleccionamos na mostra coa información que se recolleu na enquisa. Supoñemos que só lle preguntamos sobre a lingua na que falan e escriben habitualmente. Esta información ven recollida en dúas variables que poden tomar os seguintes valores:

  • Lingua na que fala habitualmente: LINGUAFALA
    • 1: galego sempre
    • 2: máis galego ca castelán
    • 3: máis castelán ca galego
    • 4: en castelán sempre
    • 5: outra situación
  • Lingua na que escribe habitualmente: LINGUAESCRIBE
    • 1: galego
    • 2: castelán
    • 3: outra situación