Saltar navegación

Mostra ou censo

Un censo é unha operación na que se recolle información de todos os individuos que forman parte da poboación obxectivo, mentres que nunha mostra se selecciona un subconxunto de individuos. 

Vantaxes dun censo       Inconvenientes dun censo
  • Investigación exhaustiva
  • Permite un maior nivel de desagregación territorial
  • Permite obter información para colectivos que normalmente non están representados nunha mostra
  • Non hai erros de mostraxe
  • Custo moi elevado se a poboación obxectivo é grande
  • Dificultade para acceder a todos os individuos da poboación 
  • Alto desfase temporal entre o momento de recollida da información e o de difusión
  • Dificultades técnicas á hora de manexar unha gran cantidade de información
Vantaxes dunha mostra Inconvenientes dunha mostra
  • Menor custo que un censo
  • Menor desfase temporal entre o momento de recollida e o de difusión
  • Non é unha investigación exhaustiva
  • Se o tamaño de mostra non é o suficientemente grande o erro mostral pode ser moi elevado
  • Os datos que se obteñen son estimacións

No caso de que o noso centro sexa pequeno e dispoñamos de suficientes medios técnicos podemos facer un censo e recoller información de todos os alumnos. Noutro caso, debemos establecer un procedemento para seleccionar unha mostra de alumnos e obter a información que nos interesa destes alumnos.